Colexio Bouza Brey - Año de la Energía Sostenible

REDACCIONES


Semana das Ciencias

Nesta Semana das Ciencias, paseino xenial. Fixemos, observamos e investigamos cousas. O que máis me gustou foi ir ás Praias de Samil para inspeccionar o seu ecosistema e coller algas para identificalas no laboratorio do colexio. A Samil, fomos toda a clase en autobús público da cidade, que é o Vitrasa. Collémolo na rúa Cantabria e deixounos preto de Samil. Nada máis chegar merendamos e logo comezamos a inspeccionar todo: a temperatura das charcas, a súa lonxitude, a profundidade e fixemos un pequeno e simple debuxo da charca... Todos gozamos e aprendimos de todo.

Ao día seguinte, fomos a un planetario que puxeron no noso ximnasio. Era moi bonito e moi interesante. O planetario tiña forma de iglú e era cuberto. Por dentro, todo estaba escuro, e só entrábamos uns vinte nenos e un mestre. No centro do iglú había un proxector e emitía un vídeo explicativo sobre o cambio de estacións e tamén falaba das constelacións. Era moi interesante e, polo menos, eu, aprendín moito con este vídeo. Ao seguinte día, fomos facer o experimento. O experimento trataba sobre a densidade dos líquidos. Utilizamos: aceite, alcohol, dous vasos e auga. Foi interesante. O que me gustou moito foi o concurso de ordenadores e gañaron: Mario Cebreiro Sánchez e Pablo Castro Fernández.

Nun pequeno resumo, paseino moi ben e aprendín moitísimas cousas. Espero que todos os anos sexan como este.

                                                                               Desireé Cameselle Fernandes de 6º P




Natalia Brandariz de 6º P



Paola Oliveira de 5º P



Paula Lago de 5º P

VIDEOS DE LAS ACTIVIDADES

1º Primaria
 
 
 
 

2º Primaria

 

 
 3º Primaria
 
 
 
 
4º Primaria
 
 
 
5ª Primaria
 
 
 
 
6º Primaria